Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño

As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
A exposicion de oleria poderase visitar os venres, sabados e domingos A exposición de olería poderase visitar os venres, sábados e domingos As Torres do Allo - que este verán recibiron a visita de máis de 2.200 persoas - albergarán xa unha exposición de pezas de olería de Buño despois do acordo de colaboración ao que chegaron o concello de Zas e o de Malpica. Esta mañá tivo lugar a entrega das pezas nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Zas - Manuel Muíño -, o concelleiro de Cultura de Zas - Manuel García Velo -, o alcalde de Malpica - Eduardo Parga - e o xerente do Forno do Forte - Francisco Doval -. Ao acto de doazón asistiron representantes do concello de Zas, do de Malpica e o xerente do Forno do Forte Ao acto de doazón asistiron representantes do concello de Zas, de Malpica e o xerente do Forno do Forte Con esta iniciativa, o concello de Zas demostra a súa aposta pola promoción e dinamización do patrimonio cultural. A mostra poderase visitar os venres, sábados e domingos en horario de 11 a 19 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios