Doce martes de Entroido por Malpica


Este pasado martes, Malpica viviu o tradicional Concurso Gastronómico de Doces de Entroido. Foi unha cita moi sabrosa e foron 23 os doces que se presentaron ao concurso e outros 4 a maiores de degustación que non concursaron.
Había tres categorías, profesional, amateur e infantil, pero a verdade é que todos estaban estupendos. O gañador da categoría profesional foi o Asador Alabrasa cun Doce de Ada (pastel de queixo e noces). Por detrás quedou o afamado restaurante As Garzas coa súa Torta light de laranxa, mentes que o terceiro posto levárono as Filloas de chocolate con cabelo de anxo, de restaurante O Cachón.
En Categoría amateur Isabel Camiño levou o primeiro premio unha exquisita Torta de chocolate branco con arándanos. Ana Rama levou o segundo cun Biscoito borracho e noces, e a Panacotta de améndoa con doce de leite, de Alba Villanueva, quedou en terceiro posto.
E xa nos peques, a impresionante presentación da Selva morada de Brais Casal, ademais do seu suave sabor, fíxoo merecedor do primeiro premio. Por detrás, a Tortilla de pan, de Mar Amado e as Rosquillas de anís, de Lino Souto Abella.

Última traca de Entroido

Todo no marco dunha fermosa festa de entroido malpicán, que aínda ten a traca final esta fin de semana co sabatino Enterro da Mikaela e os domingueiros pasarrúas dos Madamitos e Ghuadineros e os Enterros do Farruco e do Faustino.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).