Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Dous malpicáns falecidos tras precipitarse no seu coche ao mar dende o porto

Dous malpicáns falecidos tras precipitarse no seu coche ao mar dende o porto

Tráxica noite esta do mércores 30 de setembro en Malpica. Dous homes da vila, de arredor de 40 anos, perdían a vida ao caer no seu vehículo no peirao arredor das 0:30h. Varias testemuñas alertaban ao 112 que mobilizaba ao profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil, a lancha de Salvamento da Cruz Vermella, e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, un mergullador do concello efectuou o rescate dos ocupantes do vehículo, pero, desafortunadamente, ambos os dous resultaron falecidos.

Posteriormente recupérabase o vehículo do fondo. cun guindastre.

Loito oficial

O Concello de Malpica, en acordo con todos os representantes dos grupos políticos que integran a corporación, decidiu esta mañá decretar dous días de loito oficial, desde o venres 2 de outubro ás 00:00 horas ata o sábado, 3 de outubro, ás 23:59 horas, así como que as bandeiras ondeen a media hasta, tras coñecerse a noticia do falecemento de dous veciños da nosa localidade a pasada madrugada.
Deste xeito, quedan suspendidas as actividades municipais programadas para esta fin de semana. Os centros municipais permanecerán pechados.

comentarios