![PP Malpica]()
Xa ten relevo o PP malpicán tralo
inesperado falecemento do candidato popular á alcaldía de Malpica, José Manuel Vila.
O presidente provincial do PP, Carlos Negreira, presentou, esta tarde, ao novo candidato do PP de Malpica,
Eduardo Parga. O propio Parga quixo destacar que "o falecemento de José Manuel Vila foi un gran revés para toda a familia popular de Malpica". Agradeceu a confianza depositada nel para afrontar este reto e subliñou que "seguirei na mesma liña de José Manuel:
ter un concello próximo ao pobo e cos políticos a pé de rúa".
Negreira destacou do candidato a súa "
implicación no día a día do municipio, tal e como se puxo de manifesto nos seus anos máis de 20 anos á fronte dunha asociación cultural e deportiva de Malpica". Ademais, apuntou, que conta cunha amplía experiencia política caracterizada sempre por "ser un bo compañeiro e unha persoa próxima á que lle gusta estar sempre a pé de rúa, á beira dos seus veciños".
O presidente provincial avanzou que con Eduardo Parga continuará deseñando "o proxecto para Malpica, no que o PP leva traballando anos, un proxecto non excluínte, de progreso e de futuro, e que situará a Malpica de novo na órbita popular". "Malpica -continuou- sumarase á cadea de concellos que, a partir do 22 de maio, contará cun goberno do PP".
Liñas estratéxicas
Parga incidiu na importancia de traballar e optimizar os recursos que ten concello, porque "os problemas que ten a día de hoxe Malpica é porque nos gobernan malos xestores".
Para finalizar, Eduardo Parga avanzou as súas liñas estratéxicas:
- potenciar o parque empresarial e apoiar aos empresarios,
- pór en marcha a gardería e o centro de día,
- desbloquear a EDAR,
- avanzar no PGOM,
- apoiar o tecido asociativo, cultural e deportivo,
- mellorar con diálogo o sistema educativo,
- sacar a concurso a recollida de lixo,
- seguir potenciando o turismo,
- apoiar aos colectivos máis necesitados, e
- potenciar o sector pesqueiro en colaboración coa Confraría.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP de Malpica.