Xoves. 23.09.2021
El tiempo

Falece unha das mulleres implicadas nun grave accidente en Malpica

Accidente en Malpica
Imaxe doutro accidente na estrada de Malpica
Falece unha das mulleres implicadas nun grave accidente en Malpica

Esta pasada tarde de xoves 20 de maio, rexistrábase un novo accidente grave nas estradas da comarca. Dous turismos colisionaban frontalmente no km.13 da estrada que une Carballo e Malpica AC-418, á altura de Cerqueda, no termo municipal de Malpica. Un dos turismos envorcaba. Eran as 18:30 aproximadamente cando o 112 mobiliza aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, os Protección Civil de Malpica, a Gafda Civil e o 061 que desprazaba dúas ambulancias e un helicóptero, pois as 3 mulleres que viaxaban no vehículo envorcado estaban feridas e a condutora estaba atrapada.

Bombeiros, GES e Protección Civil conseguían excarcerar á ferida atrapada e colaborar co persoal sanitario para trasladar a camilla ata o helicóptero que a trasladou. Pero lamentablemente falecía durante o traslado no helicóptero.

As outras dúas feridas eran trasladadas en ambulancia ao ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

comentarios