Falece o candidato do PP de Malpica

11:09 14/02/11

A Dirección Provincial do Partido Popular lamenta o falecemento de José Manuel Vila Pérez
A Dirección Provincial do PP e o seu presidente, Carlos Negreira, lamentan o falecemento de José Manuel Vila Pérez, membro destacado do PP de Bergantiños e candidato ás presentes Eleccións Municipais.
Vila tivo unha traxectoria ampla como servidor público, participando non só en labores municipais senón tamén exercendo funcións autonómicas en 3 lexislaturas no Parlamento de Galicia (1989 - 1993; 1993 - 1997; 1997 - 2001).
Todos os representantes do PP de Bergantiños mostran o seu pesar por tan lamentable perda. Os populares agradecerán sempre o inestimable labor desenvolvido por José Manuel Vila nos seus anos de actividade no partido e acompañan no sentimento aos seus familiares nun momento tan difícil.
Novas relacionadas
- As forzas vivas de Cerqueda analizan o proxecto do Campo da Festa.
- A Depuradora de Malpica segue buscando ubicación.
- 26-07-10: José Manuel Vila presentado como candidato do PP de Malpica .
- O PP de Malpica critica os retrasos nas obras .