Venres. 29.03.2024
El tiempo

Finde de rock e teatro en Malpica

Rock en Malpica 1
Finde de rock e teatro en Malpica

Non foi o Nordestazo, pero Malpica volveu virbrar co Rock nunha noite de concertos espectacular, da man da Concellaría de Turismo e Festexos. Con Alfredo Cañizo á fronte, o departamento organizou o festival Malpica Rock no que actuaron na carpa instalada na rúa principal do centro urbano, a Vila Fan, as bandas Ambigüo, de A Laracha; El puto Antón e artistas convidados; 58 Shots, de Francia, e Recambios Tucho.

Noite de Rock en Malpica

Pero non foi a única cita previa ao completo programa de Nadal. Houbo nova cita da 7ª Mostra de Teatro do Concello no Centro Cívico. O venres foi a quenda de “Pinocchio”, da compañía Teatro Ghazafelhos. Foi unha representación musical na que o monicreque universal encheu ó público de risa e emoción. Da man de Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Paty Lesta e Cristian Leggiero viviuse unha tarde-noite de aventura que marabillou ás familias malpicás.

Angeles Iglesias en Malpica

Para o sábado quedou a comprometida “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, de Verdeveras Expresións Artísticas, en coprodución co Centro Dramático Galego. Este espectáculo, dirixido e interpretado por Mª Ángeles Iglesias, abordou temas como a sexualidade, a parella, os soños, as frustracións, os desexos e as fantasías da muller. Convidou, así, ás espectadoras a reflexionar sobre normas ou parámetros establecidos que se fan propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con cada persoa.

Angeles Iglesias coa Concelleira Marisol Blanco
A concelleira Marisol Blanco coa artista

A próxima e última cita será o vindeiro venres con “Vida de cans”, de Talía Teatro (auditorio do Centro Cívico a partir das 20:30 horas). Esta iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, conta cun aforo limitado debido á pandemia, polo que é necesario reservar as entradas (gratuítas) en [email protected], indicando nome completo, número de DNI e un teléfono de contacto.

 

Novas relacionadas

Comentarios