Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Foliada da Raigañas homeaxeará á regueifa

Foliada Raiganas Cerqueda 2024
A Foliada da Raigañas homeaxeará á regueifa

Comeza a conta atrás para unha das foliadas máis auténticas da comarca de Bergantiños. A XVI Foliada da Raigañas celebrarase o vindeiro sábado 27 de abril, e será unha homenaxe aos regueifeiros e regueifeiras da parroquia cerquedá. A carpa será ambientada como un sobrado dos de antes.

A sesión vermu será coas bravas da Raigañas e o grupo Pansenfron, unha das bandas fundamentais do novo tradi galego.

A partir das 16:30 haberá Obradoiros de Regueifa ata que ás 19:00h arrinque a X Foliadiña, e xa un pouco de noite, a Foliada.

Haberá que comer e beber dende o mediodía.

Comentarios