A Galería Vinte Vinte tamén enche o Mercado de Malpica
09:01 04/01/21
Punto neurálxico de Nadal o mercado de abastos de Malpica. Ademais do mercado de artesanía, dende esta fin de semana e durante un mes, o espazo acolle a exposición Galería Vinte Vinte. Unha exposición de fotos realizadas durante o confinamento que serviron para que a rede nos unise un pouco máis.
Á inauguración acudiron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, o concelleiro de Obras, José Ángel Garrido, o concelleiro de Deportes, Miguel Varela, e algunhas das persoas autoras destas instantáneas. Durante o evento, levouse a cabo a entrega de premios ás persoas gañadoras deste concurso e que, a continuación, se numeran:
- “Tormenta no mar” de Sara Tasende (categoría persoas adultas).
- “A nova normalidade” de Paula Anido (categoría xuvenil).
- “Tempo de calma” de Antonio Varela (categoría persoas adultas).
- “Amencer no porto” de Marisol Nieto (categoría persoas adultas).
- “Incerto” de José Manuel Rodríguez (categoría persoas adultas).
- “Cerqueda desde a xanela” de Raquel Bello (categoría persoas adultas).