Gloria, a artista de Malpica
08:05 09/07/16
O centro Cívico de Malpica acolle unha exposición cos cadros de Gloria Carril
Gloria Carril, ou tamén coñecida como "a do bar da Checa", é unha das alumnas de maior idade e máis veteranas dos cursos de manualidades que organiza o concello de Malpica. Leva unha década asistindo ás clases de Lucía Villanueva e aos seus 83 anos non hai manualidade que se lle resista.
Bordado, pintura, ganchillo,... todo se lle dá ben. Mais o pasado curso centrouse na técnica das "arenillas" que, dende que a descubriu, xa non quixo facer outra manualidade que non fose ésta. De feito, os seus traballos darían para facer varias exposicións. Pero houbo que facer selección e unha parte das súas obras están expostas durante o mes de xullo e agosto no espazo expositivo do centro Cívico de Malpica. O horario de visita é de luns a venres de 9 a 14 horas.
A exposición pode verse de luns a venres durante os meses de xullo e agosto
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica