luns. 09.06.2025
El tiempo

Gran éxito na primeira Maratón Teatral de Malpica

Maraton de teatro de Malpica
Gran éxito na primeira Maratón Teatral de Malpica

Malpica acolleu onte, 6 de xuño, a I Maratón Teatral organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños dentro da programación Malpica nun Mar de Letras. O evento celebrouse no Centro Cívico da vila e reuniu a veciñanza arredor do teatro afeccionado, cunha ampla participación de nenos e nenas.

A programación comezou ás 18:00 horas coa obra "Ñac-Ñac", a cargo do Obradoiro de Animación Teatral de Malpica. Ás 19:00 seguiu "Mafia", posta en escena pola Escola de Teatro APA As Mariñas. O broche final púxoo, ás 20:00 horas, "De-función", novamente interpretada polo obradoiro teatral local.

Maraton de teatro de Malpica 2

Ao remate das representacións, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro, Miguel Ángel Mirás, entregaron os diplomas a todos os nenos e nenas participantes, nun acto emotivo que puxo en valor o traballo dos máis novos no ámbito cultural.

Esta primeira edición da Maratón Teatral foi valorada moi positivamente tanto polo público como polos organizadores, que destacan a importancia de fomentar a creatividade a través das artes escénicas.

Comentarios