Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gran interese ante a nova xornada técnica de poda en Malpica

Xornada Poda en Malpica 2
Gran interese ante a nova xornada técnica de poda en Malpica

Esta pasada fin de semana tivo lugar na carballeira Cerqueda Nova a xornada de poda, impartida por Amancio Lavandeira. Lavandeira, voceiro de TEGA e ex alcalde de Coristanco, impartiu a sesión teórica a un bo nutrido grupo de veciños e veciñas interesados nunha actividade que se desenvolve xusto cando comeza a primavera.

O alcalde, Walter Pardo; a edil de Medio Ambiente María Álvarez e o concelleiro de Obras, Ángel Garrido, fixeron entrega do obsequio da Olería de Buño a Amancio, e á súa vez, tamén lle fixeron entrega dun detalle aos membros de Senda Nova, que coorganizaron a actividade xunto co Concello de Malpica.

Xornada Poda en Malpica

Comentarios