Venres. 19.04.2024
El tiempo

A hostalaría de Malpica celebra o Día de Rosalía con pinchos do Caldo de Gloria

Dia de Rosalia en Malpica
A hostalaría de Malpica celebra o Día de Rosalía con pinchos do Caldo de Gloria

Vincula o COncello de Malpica á hostalería para celebrar o Día de Rosalía, que sabedes que este ano se adianta ao 23 de febreiro, a verdadeira data de nacemento da poeta galega. Nesta edición participarán cinco locais da localidade, que ofrecerán unha cunca desta comida como tapa, desde o mediodía ata a noite.

Os locais son: Bar Arcos Malpica (R/ Ramona Criado, s/n), Bar Ibarra (R/ Emilio González López, 8), Casa Vítaro (As Rabuceiras, 15, Leiloio), Cornecho de Tano (R/ Eduardo Pondal, 1), Restaurante San Francisco (R/ Eduardo Pondal, 5-7).

Fano coa receita que a escritora describe no poema “Miña terra, me lar”, de Follas Novas. Neste texto descríbese como unha muller pobre consegue, fronte ás adversidades que a rodean e ás súas propias penurias, facer un caldo de gloria. Así logra alimentarse e sobrevivir, ao tempo que da conta da súa felicidade ao pé do lume da lareira.

Máis información

Comentarios