O II Circuíto de Cultura en Igualdade da Deputación presenta citas na Laracha, Vimianzo e Malpica
Ponse en marcha a segunda edición do Circuíto Cultura en Igualdade, do departamento de Igualdade da Deputación da Coruña. Un programa que espallará por 21 concellos da provincia nove propostas de teatro, música e contacontos nos que se traballa a diversidade sexual, a sensibilización en materia de igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.
Son 3 os concellos que recibirán a visita destes espectáculos.
Vimianzo recibe o 23 de novembro acoller “As Mapoulas”, de Laboratorio Escénico, que fai unha lembranza das casas refuxio e as mulleres libertarias.
Á Laracha tócalle o espectáculo “Miss Docet”, de Compañía Eléctrica o vindeiro 2 de decembro. Unha obra que pon de manifesto o perigo da violencia dixital.
Malpica revivirá o 3 de decembro a vida da pedagoga María Barbeito, coa obra “As alumnas”, de Culturactiva Producións.
Ver todo o programa na web da Deputación da Coruña.