Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un incendio obriga a desaloxar un edificio de Malpica

Bombeiros de Carballo
Un incendio obriga a desaloxar un edificio de Malpica

Eran as 15:30h da tarde de onte cando un incendio nun piso dun edificio do lugar da Camuza, en Malpica, provocaba o desaloxor de toda a veciñanza.

Os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica de Bergantiños. e a Garda Civil desprazábanse de contado ao recibir a chamada do 112, que foi alertado por unha veciña que vía como saía lume pola fiestra do 3º piso.

Todos os veciños saían a tempo, e ninguén precisaba atención sanitaria. Eran os Bombeiros os que conseguían sufocar o incendio pasadas as 17:00h, resultando afectado un sofá e a instalación eléctrica do inmoble afectado.

Comentarios