Este luns 22 de maio, debate electoral público no Centro Cívico de Malpica
13:32 18/05/23
Despois do debate realizado en Cee, a familia de Quepasanacosta traslada a caravana electoral ata Malpica. Este luns 22 de maio, ás 20:00h, o Centro Cívico de Malpica acolle un novo exercicio de democracia coa realización dun debate aberto ao público.
Moderado por Ubaldo Cerqueiro, participarán Eduardo Parga (candidato do PP), Walter Pardo (PSOE), Miguel Varela (BNG) e Alfredo Cañizo (AIM).
A entrada será libre.