xoves. 01.05.2025
El tiempo

Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal

Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal
Chégannos hoxe dende Malpica e Seiruga unhas imaxes impactatntes de como o temporal Becky azotou a nosa Costa. Xa ollamos os destrozos no museo de Man. I é que a zona de Camariñas, sobre todo Camelle, Arou e Santa Mariña, foron as vilas máis castigadas. As olas nesta zona chegaron aos 12m de altura, segundo informa Portos, o que pode implicar unha altura de ola máxima de máis de 20m. Pero por Malpica tamén azotou, e de que xeito, o temporal. Os mariñeiros que quedaron amarrados aproveitaron para scar fotos e vídeos da forza do mar. Aquí vemos como quedou todo ziscado polo porto malpicán. Vemos aquí tamén imaxes da zona de Barizo (abaixo vemos un vídeo do porto) onde o mar tinguiuse de branco. Na vila de Malpica as olas entraron por ambos lados. Na zona da praia Area Maior arrasou con bancos do paseo, e no porto tirou con todo o que viu por diante. Vemos que pequeno quedaba o dique ante as saltarinas olas. Outros portos do norte da bisbarra como o de Corme ou o de Caión tamén sufriron o seu.

Novas relacionadas

Máis novas

Últimos acontecimentos metereolóxicos adversos

Fonte

  • Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotos e vídeo de Barizo Seiruga Limpa.
  • Fots de Malpica de Antonio Rodriguez.

Comentarios