Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malasombra abre a XII Mostra de Teatro de Malpica coa obra "O día do pai"

Malasombra abre a XII Mostra de Teatro de Malpica coa obra "O día do pai"
mostra teatro malpica A XII Mostra de Teatro de Malpica arranca esta noita coa obra "O día do pai" da compañía Malasombra A compañía mellor valorada polo público nos anos 2014 e 2015 volve esta noite a Malpica para abrir a XII Mostra de Teatro, organizada pola concellería de Educación, Cultura e Turismo coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, e que reunirá nas vindeiras semanas os espectáculos máis premiados da escena galega. Malasombra interpretará nesta ocasión “O día do pai”, unha comedia trepidante sobre a loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. A XII Mostra de Teatro arrancará ás 20:30 horas no centro Cívico con esta divertida obra dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Alberto Rolán, Jouse García, Xoque Carbajal e Pablo Alvarado. A función está recomendada para maiores de 16 anos. mostra teatro malpica novembro   Novas relacionadas Fonte

Comentarios