xoves. 08.05.2025
El tiempo

Malpica abre axudas por 17.000€ entre as asociacións culturais

Malpica abre axudas por 17.000€ entre as asociacións culturais
A-Mikaela-de-Buno-20161 A Mikaela de Buño poderá solicitar a axuda para festexar o entroido

O Concello de Malpica de Bergantiños vén de facer públicas as bases reguladoras da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do asociacionismo e a cultura. O importe global das subvencións será de 17.000 euros, repartidos do seguinte xeito.

Segundo as bases, no Programa de Promoción das Actividades do Entroido subvencionarase a realización das manifestacións tradicionais do Entroido en cada parroquia, así como a realización de actividades especialmente dedicadas ós nenos, cunha cantidade máxima de 400,00 € para aquelas actividades que acrediten un especial interese etnográfico e/ou se complementen con actividades dirixidas á infancia e á xuventude.

No Programa de Promoción dos Encontros e Festivais Culturais subvencionarase a realización de concertos musicais, encontros culturais e outras actividades de natureza análoga, especialmente aqueles que teñan capacidade de incidir na promoción turística do Concello e os que se dirixan á mocidade como público preferente.

E no Programa de Promoción Cultural subvencionaranse todo tipo de actividades culturais, que non sexan obxecto de axuda noutros programas desta convocatoria, así como os gastos de funcionamento das entidades culturais, sen máis limitacións das establecidas con carácter xeral.

Cada entidade non poderá recibir máis de 4.000 euros polo conxunto das actividades que desenvolva. Poderán acceder ás subvencións as entidades constituídas xuridicamente ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade no municipio e que, no primeiro caso, estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios