Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica abre unha campaña para fomentar o consumo no pequeno comercio local

Malpica coida de ti
Malpica abre unha campaña para fomentar o consumo no pequeno comercio local

A Concellaría de Promoción Económica de Malpica lanza “Malpica coida de ti”, que ten como obxectivo a promoción económica do sector da alimentación, para o impulso do consumo no pequeno comercio local.

A campaña desenvolverase do día 23 ao 30 de novembro. Cada persoa que merque no sector do pequeno comercio da alimentación recibirá con cada compra igual ou superior a 5€ unha rifa e entrará no sorteo de 3 ceas para da gozar da gastronomía nos restaurantes da vila.

Os comercios que queiran adherise a esta iniciativa poden facelo chamando ao 981711303 ou enviando mail a [email protected].

 

Comentarios