![escolas deportivas adultos malpica]()
A escola municipal de Educación Física - EMEF - de Malpica acaba de publicar as
actividades deportivas para adultos para o vindeira tempada 2016/2017.
Así, o vindeiro día 13 de outubro comezará o
curso de ximnasia terapeútica que se desenvolverán os martes e os xoves na casa do Oleiro de Buño (de 10:15 a 11 horas) e no pavillón de Malpica (de 11:15 a 12 horas). Esta actividade terá unha cuota de 10,85€ ao mes. Tamén a partir do 13 de outubro se iniciarán as
clases de zumba para os maiores de 16 anos. Haberá clases os luns e mércores de 19 a 20 horas e os martes e xoves de 10:30 a 11:30 horas. A cuota é de 10,85€ ao mes e é necesario que cada turno teña un mínimo de 18 inscritos. Os interesados en participar en calquera destas dúas actividades poden informarse e anotarno no número de teléfono 981 72 00 01.
A oferta deportiva da escola municipal de Educación Física de Malpica complétase con outras actividades dirixidas a nenos e nenas; tales como a escola de porteiros, iniciación técnica de fútbol, escola de fútbol, baloncesto, ximnasia rítmica, deportes de raqueta, iniciación multideportiva e psicomotricidade, aeróbic e baile moderno infantil e patinaxe.
Información e inscricións
Os interesados en asistir a calquera das actividades ofertadas polas escolas deportivas municipais poderán inscribirse no departamento de Deportes do concello de Malpica - en horario de 9 a 14 horas - e no seu centro escolar en caso de participar nas escolas deportivas para escolares.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Malpica