Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica acolle o Campeonato Galego de Fotografía Submarina

cartel campeonato galego de fotografía submarina malpica
Malpica acolle o Campeonato Galego de Fotografía Submarina

Malpica acollerá o Campeonato Galego de Fotografía Submarina ‘I Trofeo Illas Sisargas’, unha iniciativa coa que se busca pór en valor a biodiversidade e a riqueza do fondo mariño. A proba está organizada polo Club Buceo Malpica en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS) e co Concello de Malpica.

A proba, que se disputará o domingo 9 de agosto, é a única puntuable nesta tempada para a clasificación para o Campionato de España de Fotografía Submarina, NAFOSUB 2020. O campionato arrincará arredor das 8.30 horas no espigón do porto malpicán.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 26 de xullo. Para facelo, deberán enviar a seguinte documentación, dispoñible na páxina web da FEGAS: preinscrición e copia dixital do DNI, titulación de buceo, licencia federativa da competición, certificado médico, documento de Protección de Datos e unha declaración responsable. Estes documentos poderán remitirse a través de  [email protected],  [email protected] ou [email protected].

Comentarios