Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica acolle este venres unha charla sobre vespa asiática con Lolo Andrade

Malpica acolle este venres unha charla sobre vespa asiática con Lolo Andrade
O Concello de Malpica acolle unha xornada divulgativa que se celebrará mañá venres 10 de novembro, a partir das 20 horas, no Centro Comarcal de Buño, e que grazas ás xestións realizadas polo alcalde, Eduardo Parga, contará coa intervención de Lolo Andrade, técnico de protección civil na loita contra a velutina e que está considerado como un dos principais expertos nesa especie invasora. Ao mesmo tempo, desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil continúa traballándose na retirada de niños, que xa superan o medio cento no que vai de ano. A agrupación que coordina Iván Muiño dispón xa dunha pértega e de traxes específicos para a loita contra a avespa asiática facilitados pola Xunta de Galicia, e nestes momentos está a preparar novo material para poder chegar aos niños situados a moita altura e en lugares aos que non pode accederse en vehículo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios