Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica acolle a última oportunidade de disfrutar das representacións dos Naufraxios de Aantena

Antonio Miranda  de Aantena na representacion dos Naufraxios-Foto-Marcos Boedo
Antonio Miranda nunha representación dos Naufraxios-Foto-Marcos Boedo
Malpica acolle a última oportunidade de disfrutar das representacións dos Naufraxios de Aantena

Este venres 16 de setembro, ás 21:30h na impresionante contorna da Ermida do Santo Hadrián, a compañía costeira Aantena celebrará a última sesión das súas representacións teatrais sobre os “Naufraxios da Costa da Morte”. A cita, que foi adiada no seu día polo mal tempo, desenvolverase este venres pechando así un ciclo de máis dunha ducia de eventos por espazos simbólicos da comarca.

Os creadores teatrais, da compañía aAntena, achegaranos as historias de Naufraxios a Malpica para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través das historias dos naufraxios que forman parte da historia e do imaxinario colectivo da comarca.
Unha oportundade única descubrir como os naufraxios afectaron as vidas humanas e á historia da navegación; que vencellaron culturas, mitos e lendas.

Publica nunha actuacion dos Naufraxios-Foto-Marcos Boedo
Público nunha actuación dos Naufraxios-Foto-Marcos Boedo

Rutas

   Ademais, a compañía segue a organizar rutas guiadas pola zona camariñá. Quedan estas dúias semanas (do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de setembro), para disfrutar da Ruta Sur, unha Ruta circular con inicio e fin na punta da Barca para ollar os restos do naufraxio petrificados da Virxe da Barca para percorrer a costa polos cabos de Touriñán, Fisterra e Cee e acadar a praia do Ézaro para coñecer historias como a Flotilla de Padilla, os barcos como o Sunrise e o Great Liverpool. Ten paradas en: Punta da Barca, Faro de Cabo Touriñán, Faro de Fisterra, Faro de Cabo de Cee, Praia de Gures e Ézaro.

Para participarn nestas rutas (teñen un custe de 20 euros) hai dous puntos de encontro (Porto de Camariñas ou Porto de Laxe), arrincan ás 10:00h e duran 4 horas. Vaise en furgoneta de 9 plazas para o recorrido. Visita con guía especializado. Compre reservar en www.naufraxios.com.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios