sábado. 10.05.2025
El tiempo

Malpica aproba a ordenanza reguladora do IBI

Malpica aproba a ordenanza reguladora do IBI
Pleno de investidura do concello de Malpica - Imaxe de aquivo Pleno de investidura do concello de Malpica - Imaxe de aquivo A corporación municipal de Malpica aprobou onte de xeito definitivo a ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), despois de rexeitar a alegación presentada pola concelleira socialista Isabel Loureiro Varela para que se establecese unha bonificación do 95% “aos inmobles nos que se desenvolvan actividades agrarias, gandeiras ou pesqueiras e que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración”. A alegación foi desestimada en base a un informe dos servizos técnicos municipais segundo o cal a bonificación solicitada pola concelleira socialista non se axusta aos supostos previstos no Real Decreto Lexislativo 2/2004. Por unha banda, o RD establece a posibilidade de regular unha bonificación do 95% “a favor de inmuebles en los que se desarrollen actividades económicas que sean declaradas de especial interés o utilidad municipal por concurrir circunstancias sociales, culturales, histórico artísticas o de fomento del empleo que justifiquen tal declaración. Corresponderá dicha declaración al Pleno de la Corporación y se acordará, previa solicitud del sujeto pasivo, por voto favorable de la mayoría simple de sus miembros”. Por outra, no RD prevese unha bonificación “de hasta el 90 % de la cuota íntegra del Impuesto a favor de los bienes inmuebles urbanos ubicados en áreas o zonas del municipio que, conforme a la legislación y planeamiento urbanísticos, correspondan a asentamientos de población singularizados por su vinculación o preeminencia de actividades primarias de carácter agrícola, ganadero, forestal, pesquero o análogas y que dispongan de un nivel de servicios de competencia municipal, infraestructuras o equipamientos colectivos inferior al existente en las áreas o zonas consolidadas del municipio, siempre que sus características económicas aconsejen una especial protección”. Segundo o informe técnico, a alegante “confunde” os dous tipos de bonificación. Así, a do 95% está previsto “para actividades económicas que por determinadas circunstancias (sociais, culturais) sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, non podendo entender a tal efecto que as actividades pertencentes ao sector primario pola súa natureza sexan per se xustificativas de tal declaración, senón que se require dun acordo expreso respecto dunha actividade económica a concretar, e non dun sector xenericamente considerado”. Para os inmobles urbanos vinculados a actividades primarias existe a posibilidade de establecer unha bonificación de ata o 90%, “que en todo caso –aclara o informe- esixe que os citados asentamentos de poboación dispoñan dun nivel de servizos de competencia municipal, infraestruturas ou equipamentos colectivos inferior ao existente nas áreas ou zonas consolidadas do municipio, e que polas súas características económicas aconselle unha especial protección, algo que non se xustifica en ningún caso na proposta a tal fin formulada”. Por todo ilo, a alegación foi desestimada e a ordenanza reguladora do IBI quedou aprobada definitivamente cos seguintes tipos de gravame:
  • Bens inmobles urbáns: 0,4932%
  • Bens inmobles rústicos: 0,45€
  • Bens inmobles de características especiais: 1,3%
  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Malpica
 

Comentarios