mércores. 19.03.2025
El tiempo

Malpica arrincou o seu completo programa de Entroido co concurso de Piñatas

Malpica Galactica no Concurso de Pinata do Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes
Malpica Galactica no Concurso de Piñata do Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes
Malpica arrincou o seu completo programa de Entroido co concurso de Piñatas

Arrincou o completo programa de Entroido polas parroquias de Malpica. Fíxoo nunhas rúas de Malpica cheas de cor e de diversión cos entroideiros e entroideiras que amosaban os seus mellores disfraces durante o desfile amenizado pola actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas de Malpica. 

Despois do desfile chegaba un dos concursos estrella, o das Piñatas de Entroido. A gañadora foi Malpica Intergaláctica, que tamén arrasou no Concurso de Comparsas de Adultos. El Ajolote e Os Avispaos levaron o segundo e terceiro premio polas súas piñatas.

Os Avispaos no Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes
Os Avispaos no Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes

A A Bruxa Amaia foi a triunfadora nun dos máis competidos, o Concurso de Disfraces Infantil.

A Bruxa Amaia no Concurso de Difraces de Malpica-foto-Mocho Fuentes
A Bruxa Amaia no Concurso de Difraces de Malpica-foto-Mocho Fuentes


E finalmente, "Non me pises o fregao" levaron o segundo premio do Coincurso de Comparsas de Adultos por diante de Os Avispaos.

Non me pises o fregao no Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes
Non me pises o fregao no Entroido de Malpica-Foto-Moncho Fuentes

Máis entroido

A vindeira cita será hoxe, luns 3 de marzo, coa Festa de Disfraces Infantil con concurso, inchables e merenda celebrarase en Buño no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero o sábado de 17:00 a 19:30, en colaboración con ANPA Xaviña.

E o programa continúa toda a semana: 

 

Comentarios