Malpica busca relevo xeracional para as redeiras cun obradoiro, unha visita guiada e un documental
A falta de relevo xeracional é un dos grandes problemas de profesións do mar como o de redeiras. De aí, e co ánimo de poñer en valor un dos oficios máis importantes da comarca, o Concello de Malpica celebre este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca.
A xornada comeza ás 10:00 horas na sala de conferencias do CAT, terá lugar o faladoiro baixo o título ‘Introdución á elaboración de redes e outras artes de pesca’, e de 11:00 a 12:00 horas visitarase a exposición ‘As redeiras e o mar’ tamén no CAT. Está previsto realizar unha visita guiada ás 12:00 horas no porto de Malpica.
As persoas interesadas en participar poden anotarse no 981 71 15 20 ou no 650 02 10 95.
Ademais, a sesión servirá para estrear o documental As redeiras e o mar.
Novas relacionadas
- As redeiras toman o Gaiás polo 8M.
- Dúas redeiras malpicás visibilizando en Europa a desigualdade das condicións laborais das mulleres do mar.
- Rosa, redeira e artesá: "Non podemos traballar aos 65 anos collendo pezas que pesan ata 50 quilos”.
- Novembro 19: Unha exposición de fotos amosa en Mapica o traballo artesán das redeiras,
- Rita Míguez (Anmupesca): "Temos que mecanizar o mar”.