Malpica conmemorará o 25N cunha solta de faroliños
O vindeiro luns, día 25 de novembro, a Praza Villar Amigo acollerá un acto polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O evento dará comezo ás 12:00 horas coa petición da Concelleira de Igualdade, Marisol Blanco Gorín, de gardar un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. Posteriormente, procederase á lectura do manifesto institucional baixo o lema: "Que a nosa luz apague para sempre a violencia de xénero".
O acto contará coa participación dos membros da corporación municipal e está aberto á veciñanza, que está convidada a achegarse para honrar a memoria das vítimas e amosar o seu compromiso na loita contra esta lacra social. En memoria das vítimas, como símbolo de esperanza e solidariedade, realizarase unha solta de faroliños que iluminarán o ceo, representando o desexo colectivo de erradicar esta violencia que tanto dano causa e en memoria das vítimas.