Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Malpica despide ao eterno Xelucho Abella

Xelucho Abella no seu ultimo acto con Gundar
Xelucho Abella, no centro abaixo coa boina, no seu último acto público na presentación de Gundar
Malpica despide ao eterno Xelucho Abella

Historia do concello de Malpica, este luns 17 de xuño, vén de deixarnos Xelucho Abella Chouciño. Aos seus 78 anos deixa unha longa e prolífica carreira no papel, na rede, e nas mentes dos seus centos de alumn@s que pasaron polas súas clases de filosofía.

Xa 2009 colaboraba con esta casa na Elección Histórica da Costa da Morte, como especialista na historia do Concello malpicán.

Nos anos 90 escribiu varos libros de literatura xuvenil en galego. Libros que reviviron na última década. En 2014 reeditaba “As aventuras de Pelusa” nunha fermosa homenaxe.

Publicou por fin en 2019 o seu libro Xeantropoloxía mítica da Costa da Morte (zona norte). Raíces Cristiás e precristiás da relixiosidade popular”, que tivo unha emotiva presentación en Malpica. E xusto este pasado 2023 reeditou a novela infantil “Gundar e o cabalo de oito patas”.

Precisamente, a presentación da reedición de Embora realizada no marco da programación de Nadal do Concello de Malpica de Bergantiños, foi o seu último acto público.

”A memoria deste ilustre malpicán permanecerá eternamente. Nós somos responsable de manter e transmitir o seu legado”, reflexiona o seu amigo Xosé Manuel Varela.

Máis novas

Comentarios