Malpica elimina as humidades do seu Centro Cívico
07:10 14/11/16
O Concello de Malpica vai eliminar o grave problema de humidades que afecta ao edificio do Centro Cívico, inaugurado en decembro do ano 2003. Vaino facer cun investimento de 54.414 euros e que está financiada con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.
Así o asinou o alcalde, Eduardo Parga, coa empresa Construcciones Ogando S.L. poñendo en marcha o contrato de execución da obra de reparación e mantemento do Centro Cívico malpicán. A empresa adxudicataria dispón dun prazo de dous meses para levar a cabo os traballos, que consistirán na demolición e substitución das ventás da planta baixa e de parte das do primeiro andar, a construción de aleiros nas cubertas e a instalación dunha fachada ventilada con paneis de aluminio na planta baixa.
Fonte
- Concello de Malpica.