Martes. 07.07.2020
El tiempo

Malpica, un dos exemplos de coidado do Camiño dos Faros

O antes e o despois de desbrozar o Camiño dos Faros por Malpica
O antes e o despois de desbrozar o Camiño dos Faros por Malpica
Malpica, un dos exemplos de coidado do Camiño dos Faros

Esta pasada semana a patronal turística uníase para pedirlle aos Concellos que colaborasen no mantemento do Camiño dos Faros. Unha situación que chega despois de que a Asociación do Camiño dos Faros (entidade sen ánimo de lucro) ficase cansa de andar pedindo “por favor” aos concellos que coiden un dos produtos turísticos máis valorados da nosa comarca, e lamente a falta de apoio institucional para a homologación como ruta de Longo Percorrido.

En todo caso é necesario que os 200km do Camiño dos Faros entre Malpica e Fisterra perfectamente desbrozados, preparados para que [email protected] que veñan de calquera parte poida disfrutar do noso litoral.

Malpica, a través da súa Concellería de Turismo e Obras, comandada por Alfredo Cañizo, están en pleno proceso de acondicionamento. Xa empezou a semana pasada a desbrozar e apenas quedan uns detalles para deixar totalmente limpos e desbrozados os km do seu termo municipal, con 2 metros de paso. Todo, con fondos propios.

Non é o único Concello que así o fai, pero cómpre resaltalo pensando nos que non coidan igualmente este recurso.

Novas do Camiño dos Faros

comentarios