Martes. 07.07.2020
El tiempo

O sector turístico ponse en proceso de “clusterización”

O sector turístico ponse en proceso de “clusterización”
Os representantes do sector turístico privado da Costa da Morte mantiveron onte unha reunión en Vimianzo. Un encontro que contou coa presenza de representantes de APTCM (Asociación de Promotores de Turismo da Costa da Morte), Asociación Solpor, Asociación Muxía Natural e o sector turístico de Fisterra, entidades que que suman sobre 400 socios relacionados co turismo. Ademais estiveron presentes unha decena de empresarios de distintas zonas da contorna da Costa da Morte.

”Clusterización”

Os empresarios propoñen levar adiante a “clusterización do Sector na nosa comarca”, é dicir, crear unha entidade única, que comprenda os 17 concellos do Xeodestino para participar máis directamente no Ente Xestor do Xeodestino que é a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), e ter máis peso na toma de decisións para xestionar os distintos convenios coa Deputación e con Turismo de Galicia.

Así, esta reunión pode ser a primeira para acabar materializando “unha única asociación o peso importante da toma de decisións do noso Xeodestino, e poder dar así os pasos necesarios para ter os suficientes socios dos 17 concellos e poder tomar decisións para avanzar conxuntamente e non de maneira independiente cada Asociación”.

Promoción conxunta: #YoViajoPorCostadaMorte

Un dos motivos da xuntanza foi analizar a iniciativa posta en marcha hai 15 días por varios empresarios da hostalería da Costa da Morte nas Redes Sociais utilizando o hastag #YoViajoPorCostadaMorte, #EuViaxoPolaCostadaMorte. O grupo creado xa ten preto de 1.000 seguidores no Facebook. “O éxito da mesma deixa patente a necesidade de xuntarnos por fin en algo que se materialice poñendo en marcha campañas que dinamicen o turismo da Costa da Morte”, explican dende a APTMC.

”Logo do Covid vemos que temos unha necesidade apremiante de facer da Costa da Morte un destino único e seguro e unha promoción boa e coordinada é fundamental polo que entendemos que existe unha necesidade urxente de clusterización ou xuntar tódalas asociacións de turismo da bisbarra, para facer cousas en conxunto e tirar xuntos do Xeodestino”, valoran.

Motor de ventas

Outra das inquedanzas que formularon é a posibilidade de xerar un motor de ventas dos negocios relacionados co sector turístico collendo como eixe principal as empresas que sexan socias dalgunha das asociacións que decidan unirse nesta iniciativa e promover así a venta directa.

Colaboración municipal para manter limpo o Camiño dos Faros

Tamén propuxeron, cun presuposto xa solicitado, aos Concellos polos que pasa o Camiño dos Faros a limpeza do mesmo. “Esto supoñía un investimento de 2.000 € para cada un dos concellos polo que pasa a ruta, para poder realizar os traballos de limpeza nun dos principais reclamos turísticos que temos en Costa da Morte. “A iniciativa só recibiu como contestación o silencio por parte dos alcaldes e alcaldesas implicados, polo tanto, vemos que este ano o Camiño dos Faros estará ateigado de maleza sendo imposible o paso de sendeiristas. Unha decisión incomprensible tratándose dun produto importantísimo, e mais nesta situación post-Covid, necesaria para que sobrevivan moitos negocios da nosa zona”, lamentan.

Novas relacionadas

comentarios