Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica incrementou case un 30% as horas do SAF nos últimos meses

Malpica incrementou case un 30% as horas do SAF nos últimos meses
saf-malpica O alcalde de Malpica, Eduardo Para, mantivo onte un encontro do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela Co incremento de horas rexistrados nos últimos meses, o concello de Malpica dispón de máis de 42.500 horas anuais para a cobertura do Servizo de Atención no Fogar (SAF-Dependencia). Así, ao longo deste ano a Xunta de Galicia incrementou en Malpica durante o presente ano en case un 30% as horas habilitadas. O novo reforzo supón un incremento de case o 90% no trienio comprendido entre os exercicios de 2015 e o actual de 2018. A atención ás persoas maiores foi un dos asuntos abordados na xuntanza de traballo que o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo onte co alcalde de Malpica, Eduardo José Parga Veiga. Durante o encontro, os mandatarios abordaron o inicio do curso escolar na escola infantil de 0 a 3 anos da Galiña Azul coa que conta a vila. Un centro de 42 prazas distribuídas en tres unidades que este curso practicamente cubriu a totalidade das solicitudes de admisión que recibiu, quedando soamente catro en lista de agarda provisional. Ao respecto, o titular de Política Social lembrou que as familias que así o teñan pedido se poderán acoller ao programa Bono Concilia e recibir unha axuda de entre os 45 e os 250 euros mensuais, a contía varia en función da renda da unidade familiar, para contribuír ao pago de praza na escola infantil que elixan e que non conte con financiamento por parte da administración. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/malpica-xestiona-a-ampliacion-das-horas-de-axuda-no-fogar-e-a-creacion-dun-centro-de-dia/ Fonte

Comentarios