Malpica lembrou cun libro o 125 cabodano do naufraxio do Priam
"Aínda me arde o peito das emocións vividas no día de onte en Malpica!" contábanos onte Xabier Maceiras, un dos culpables xunto con Fernando Patricio Cortizo, de que hoxendía coñezamos mellor a historia do naufraxio do "Priam". Ambos facían a presentación do seu libro sobre o vapor británico o pasado 11 de xaneiro, aproveitando unha data especial, nada menos que o 125 cabodano do naufraxio.
"De Liverpool ás Sisaras. A derradeira travesía do Priam" lévanos de viaxe pola Galicia do século XIX. Tras un intenso traballo de documentación que nacía na tradición oral (foi un veciño maior da zona de Arteixo quen lle descubriu a historia a Xabier) o libro permite, a través dun piano e un cofre, seguir a historia deste naufraxio, que foi un verdadeiro regalo de Reis para os veciños da comarca costeira de Bergantiños.
I é que os tesouros que traía foron protagonistas de verdadeiras historias para a lembranza. Moitas delas están recollidas neste simbólico libero, que segue engrandecemndo a mitoloxía en materia de naufraxios da Costa da Morte.
Unha placa en homenaxe aos náufragos
A homenaxe arrincaba pola mañá inaugurando a praca conmemorativa no paseo malpicán, que honra aos náufragos británicos falecidos na traxedia, e de paso, aos mariñeiros malpicáns que salvaron aos restantes 35 náufragos ingleses. Falou o alcalde Eduardo Parga e os autores do libro, que entoaron unhas palabras na lembranza daquel 11 de xaneiro de 1889, o alcalde Eduardo Parga. Tamén tivo a palabra o cidadán británico John Coyne (que nomeou a cada un dos británicos falecidos na traxedia) e o poeta local Paco Souto, exercendo de luz do Faro das Sisargas, que iluminou o acto con dous dos seus poemas.
Pola tarde, na presentación e nun aborratado salón de actos da Confraría, Paco Souto rompaí o xeo deleitando con algúns dos seus poemas, para dar paso ao editor Miguel Toval. Xabier e Fernando tamén contaron as súas impresións e máis dunha anécdota do complicado proceso de investigación. Entre o público estaban os meus compañeiros do Colectivo Literario In Nave Civitas (do cal forma parte Maceiras), co "patrón maior" do Colectivo, o bo de Xurxo Souto.
Novas relacionadas
- Malpica recupera un regalo de Nadal de 1889.
- Un repaso á historia de moitos Naufraxios da Costa con Fernando Patricio Cortizo.
- Lois Patiño: “A Costa da Morte ten unha enerxía especial”.
- De pecios ou tesouros submariños.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).