venres. 09.05.2025
El tiempo

Malpica lévanos polo Tempo das Letras

Malpica lévanos polo Tempo das Letras
Letras Galegas Malpica Programa

Bo programa do Concello de Malpica de cara as Letras Galegas 2016. Concello, Ler Conta Moito e a Asociación Cultural Caldeirón conta coa colaboración da Xunta para armar un completo mes de actividades.

Hoxe xa abren varias exposicións no Centro Cívico. Ata o venres 8 de maio poderase ver a expo “10 anos de Billarda”, e ata o venres 13 a que versa sobre “Os Nenos Soldados”. Do venres 13 ó 31 de maio está aberta unha exposición Manuel María, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor no 2º andar do Centro Cívico de Malpica. Tamén, do domingo 15 de maio ó domingo 12 de xuño o Centro Cívico acolle unha colectiva de pintura e escultura de Maside, Pardiñas e Riveiro, “O desexo”, que terá a iagururación do domingo 15 de maio ás 13:00h. Ademais, do luns 16 de maio ó luns 6 de xuño tamén no Centro Cívico, exposición IX Certame de Arte Gráfico Jesús Núñez.

“Venres na Biblioteca” cos peques

O venres 6 de maio, os peques teén cita con “Bou Catrineta” de Inacio Vilariño (Urdime). Ás 18.00 h., na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico. Refráns, cancións, contos populares co romance histórico da Nau Catrineta de fío condutor. Público preferente maiores de 3 anos). Duración 50 minutos.

O venres 13 de maio virá o “Lobo bobo” de Elefante Elegante. Ás 18.00 h., na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico. Os contos de sempre refundidos nunha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. Público preferente: nenos/as de 3 a 7 anos. Duración 50 minutos.

O venres 20 de maio será o “Babacontos” de Manuel María de Larraitz Urruzola (Urdime) o que arrinca os sorrisos dos peques. Ás 18.00 h. na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico. Contos e poemas cantados de Manuel María. Público preferente nenos/as de 4 a 12 anos. Duración 50 minutos.

E xa o venres 27 de maio, hai unha sesión de Debuxo rítmico de Mirari (Urdime). Ás 18.00 h. na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico. A través da canción e a música traballarase as partes do corpo e o movemento de cada unha delas. Público preferente nenos/as de 1 a 3 anos. Duración 45 minutos.

Teatro e literatura

Para o venres venres 3 de xuño haberá unha maratón de teatro infantil fin de curso: a cargo do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica. Representaranse as obras: “Esta historia non a víchedes”, “A moa”, “Farruquiña e o Emilio” e “Que sería de nós sen a pensión”. Ás 18.00 h. no Auditorio do Centro Cívico.

O sábado 21 de maio, toca a presentación da publicación E caín, de Paco Souto, ás 20.00 h. na Aula Circular. E unha das citas máis esperadas do ano, a presentación do XI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”, será o luns 23 de maio ás 12.00h no Centro Cívico de Malpica, organizada pola A.C. Caldeirón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios