Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica lévate en autobús ao teatro a ver a Santi Romay

En bus ao teatro dende Malpica
Santi Romay é un dos protagonistas da obra "A Peste"
Malpica lévate en autobús ao teatro a ver a Santi Romay

Interesantísima a iniciativa do Concello de Malpica, que participa no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, a través do cal pon un autobús á disposición da veciñanza para acudir á unha representación teatral. Neste caso, a cita será a obra “A peste”, o día 18 de febreiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Quen queira, poderá apuntarse, e ir en bus de ida e volta por un prezo de 6 euros. A expedición partirá do Bar Panchito, no centro da vila, ás 18.00 horas; parará na recta do Empalme, en Leiloio, e estará de volta ás 23.00.

A obra está inspirada na novela de Albert Camus. O director, Cándido Pazó, reflexiona con esta mostra sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. Forma parte do elenco o malpicán Santi Romay.

inscrición

Os interesados poden apuntarse dende o día 17 deste mes ata o 10 de febreiro, enviando o seu nome e apelidos, un teléfono de contacto e o lugar onde subirán ó autobús ó correo [email protected]. Ten que haber un número mínimo de 35 persoas inscritas para poder facer a viaxe e é obrigatorio presentar o certificado covid.

Comentarios