Martes. 25.01.2022
El tiempo

Malpica mantén o Nadal extremando as precaucións

NOelia Freijeiro entregando premio en Malpica
Malpica mantén o Nadal extremando as precaucións

Extremando as medidas sanitarias, o Concello de Malpica continúa adiante co seu programa de Nadal. E con notable éxito tralo visto na festa infantil e o torneo 3x3 celebrados onte no pavillón municipal.

Pola mañá, foron máis dunha ducia de deportistas de 7 ou máis anos os que se achegaron ao pavillón. Houbo categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións. Entre eles, medallas e mochilas. Fixo a entrega a concelleira responsable do departamento, Noelia Freijeiro.

Xa á tarde, os máis pequenos da vila achegáronse ó mesmo punto para gozar de inchables e xogos. Máis de vinte desfrutaron do bo ambiente e da música, respectando en todo momento as medidas sanitarias, que se extremaron de maneira especial. Colaborou nesta iniciativa a ANPA Milladoiro.

Festa Infantil de Nadal en Malpica

comentarios