Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica mellora os camiños de Loutoño para facilitar a accesibilidade ás fincas dos agricultores

Camino de Loutoño en Malpica
Malpica mellora os camiños de Loutoño para facilitar a accesibilidade ás fincas dos agricultores

Nova acción para mellorar os camiños das parroquias de Malpica para facilitar a accesibilidade ás fincas dos agricultores do municipio. O Concello vén de rematar os traballos de acondicionamento dun camiño no lugar de Loutoño, na parroquia de Cambre.
Entre as tarefas que se realizaron estivo a limpeza e retirada da vexetación existente e a ampliación das marxes do camiño. Ademais de realizar a apertura de cunetas, nivelar e compactar o terreo, tamén se incorporaron a canalización de augas mediante a formación de taxeas e as embocaduras correspondentes, con especial coidado nos cruces con outros camiños.

O proxecto contou cun orzamento de 46.477,83 euros, dos cales 38.416 correspóndense a unha axuda do plan europeo FEADER.

Comentarios