Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica, pendente das obras de humanización e pide á Xunta a resolución das deficiencias do proxecto

Obras de humanizacion de Malpica
As Obras de humanización da entrada de Malpica están paralizadas
Malpica, pendente das obras de humanización e pide á Xunta a resolución das deficiencias do proxecto

Pleno importante o celebrando onte en Malpica ante a paralización (é certo que hoxe mesmo se reanudaban despois de 3-4 días paralizadas) das obras de humanización das rúas do centro da vila. Unhas obras anunciadas como a obra do século polo anterior goberno, que se foron retrasando en varias ocasións e que agora teñen serios problemas herdados do proxecto inicial.

Un proxecto que non contemplaba o soterramento do cableado, ou que non contemplaba unha correcta separacións de pluviais e fecais. Pero que tampouco contemplaba que para a segunda fase da obra, o tráfico ten que pasar pola dársena, e aí hai unha zona na que Portos non permite pasar camións de máis de 5 toneladas.

zona onde Portos non permite o paso de trafico pesado
A zona sinalada en vermello é na que Portos non permite o paso de trafico pesado

O Concello paralizaba as obras da primeira fase a comezos de semana, para pedirlle á Xunta que sexa ela quen acometa os custes das modificacións do proxecto. De aí este pleno, no que con seis votos a favor goberno local, conformado por PSOE, BNG e un concelleiro non adscrito, Alfredo Cañizo, e cinco en contra do Partido Popular, o pleno acordou instar solicitar á Xunta a subsanación de deficiencias no proxecto “Mellora e Humanización da AC-418 en Malpica”.

O Concello pide a Xunta que aborde a día de hoxe, ca primeira fase da obra a medias, o soterramento do cableado; e que faga unha correcta separación das pluviais enviándoo ao tanque de tormentas, para non saturar a rede.

Sobre o problema de tráfico que se vai xerar cando comece, de aquí a un mes, a segunda fase da obra, o Concello o Concello buscou unha solución que foi ben vista polo corpo de enxeñaría da Xunta: uns pequenos camións lanzadera que percorra a zona do porto que comunica a Lonxa coa dársena, para que non teñan que pasar os camións grandes por esa vía sustentada en alicerces. Isto permitiría que a colaboración entre ambas entidades acordase unha solucion para a finalización da obra.

PLENO MALPICA 1
A segunda fase da obra de humanizacion comezara en un mes
A segunda fase da obra de humanizacion comezara en un mes e medio

Novas relacionadas

Comentarios