domingo. 11.05.2025
El tiempo

Malpica pechou o curso con remanente positivo e co Plan DCT aprobado

Malpica pechou o curso con remanente positivo e co Plan DCT aprobado
Concelleiros do Grupo de Goberno no pleno de Malpica

A corporación municipal de Malpica celebrou onte un pleno extraordinario no que se abordaron, fundamentalmente, cuestións económicas. I é que ademais da aprobación do Plan DCT da Deputación, o Concello rendiu contas que demostran, segundo o grupo de goberno, “a boa saúde financeira”.

Así, por segundo ano consecutivo, a liquidación do orzamento arroxa un remanente de tesourería para gastos xerais positivo. En concreto, o 2013 pechouse con 398.188,27 euros de saldo favorable para o Concello de Malpica.
Parte desa cantidade, precisamente, inclúese no suplemento de crédito que se aprobou na sesión extraordinaria de hoxe, e que ascende a 149.385,48 euros.

Plan DCT

O principal motivo da convocatoria da sesión extraordinaria, no entanto, é a aprobación do Plan DTC93:2014, que financia a Deputación Provincial da Coruña. O goberno municipal de Malpica propón dous proxectos. O primeiro inclúe a mellora de infraestruturas na zona do colexio Milladoiro e o Centro Cívico (3ª fase da rede separativa de pluviais e residuais da piscina), na Praza do Campo (novas canalizacións de pluviais e residuais) e na rúa Entrecercas de Seaia (pavimentación), todo ilo por un importe de 102.626,49 euros. O segundo é o proxecto básico e de execución da mellora das infraestruturas viarias no lugar de Pontella e no vial de Trémoa a Monte Neme, por un importe de 36.336,25 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios