Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica e Ponteceso acollen novos e diversos Talleres

Talleres Manualidades Malpica
Malpica e Ponteceso acollen novos e diversos Talleres

O Concello de Malpica vai pór en marcha, de novo, os Talleres de Manualidades, para terceira idade e para persoas con diversidade funcional, que se desenvolverán no Centro Cívico municipal e na Casa do Oleiro. Os talleres comezarán a partir do 16 de novembro, cos seguintes horarios;

  • Manualidades Terceira Idade e persoas con diversidade funcional, en Malpica os martes e xoves, de 18:00 a 20:00 horas (Centro Cívico).

Cómpre inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, ou chamar ao 981 72 02 80.

Talleres en Ponteceso

A Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller acollerán multitudes de talleres e charlas que se levarán a cabo coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Talleres semanais para todos os gustos como teatro, cociña, cestería ou gaita pero tamén moitas charlas sobre saúde que contarán coa presencia de especialistas e expertos en diversas disciplinas sanitarias.
As inscricións ás actividades, que son de balde, poden realizarse todos os días da semana de 16 a 18 horas na Fundación Eduardo Pondal. Co aumento do aforo permitido, en case todas as propostas hai prazas dispoñibles.

Comentarios