sábado. 10.05.2025
El tiempo

Malpica prepárase para a saiada do Ultratrail solidario polo Camiño dos Faros

Malpica prepárase para a saiada do Ultratrail solidario polo Camiño dos Faros
Malpica non só vai ser o punto de partida do ultratrail solidario polo Camiño dos Faros, senón que será tamén o escenario de toda unha tarde de actividades nas que está implicada a sociedade local. Neste evento, participarán medio cento de corredoras que farán toda ou unha parte da ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra ao longo da Costa. Dende primeira hora da tarde comezará a crearse ambiente coa chegada dos 50 participantes; ainda que haberá que esperar ata as 19:30 horas para que iniciar as seguintes actividades: 19.30 h. Recepción de corredores e representantes do Fegerec - Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas - no centro cívico da localidade. 19.45 h. Explicación básica do Camiño dos Faros e do Ultratrail 20.00 h. Proxección do vídeo O Camiño dos Faros. 20.30 h. Animación con zumba no palco cedido pola organización do Nordestazo (frente ao Leño). 21.30 h. Sardiñada ofrecida pola asociación O Camiño dos Faros 22.00 h. Monólogo de Pedro Brandariz 23.00 h. Concerto da Traskiband 23.45 h. Paseo cos corredores ata o porto. 24.00 h. Saída do Ultratrail neutralizada con corredores e membros de Fegerec polo porto e O Caldeirón ata o paseo marítimo, onde se dará a saída para os 50 corredores que intentarán chegar a Fisterra polo Camiño dos Faros en menos de 48 horas. A chegada a Fisterra está prevista para o sábado 26 ás 21.00 horas. Esta edición piloto terá un carácter solidario, de xeito que os participantes precisan apoio mercándolles os quilómetros que van percorrer ao prezo simbólico de 1 euro. O diñeiro que se recaude destinarase integramente ao programa de asistencia sanitaria que Fegerec desenvolve en Galicia para mellorar a saúde do colectivo de persoas afectadas por enfermedades raras e crónicas

Comentarios