Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Malpica propón un intenso programa de Nadal

Malpica propón un intenso programa de Nadal

Xa vimos as propostas de Nadal das bravas Raigañas, e hoxe ollamos as do Concello de Malpica, que xa está en marcha e se presenta cargado de iniciativas para os veciños de todas as idades.

Estes mércores 21 celébrase o Festival de Nadal do CEIP Milladoiro, ademais de que o Carteiro Real visitará os centros de ensino do Concello. Para o xoves hai cine na Biblioteca do Centro Cívico. O venres 23 estará cheo de actividades para os nensoa con ludoteca, cine, xogos e a visita de Papa Noel.

O sábado 24 conxúganse os programas coa Raigañas e non se parará en toda a tarde, no que os pasarrúas serán os protagonistas.

E así o programa está completo ata o 7 de xaneiro, e podedes ver todas as Actividades do Nadal en Malpica na web do Concello.

Máis información

Comentarios