Malpica ratifica en Íntegro o seu compromiso co Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito Rural


Frutífera visita do alcalde de Malpica ao Centro de Íntegro. Eduardo Parga e a a concelleira de Servizos Sociais Marisol Blanco Gorín, ratificaron a adhesión do Concello de Malpica ao Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito Rural (PIMD), por terceiro ano.
Un punto que fai labores de asesoramento e intervención integral ás mulleres, preferentemente, con diversidade funcional que residen no municipio e, especialmente, no ámbito rural. Información sobre sobre recursos en materia de diversidade, talleres pre-laborais e actuacións encamiñadas á búsqueda de emprego. Mentres a atención psicoloxica e mediación familiar quedará centralizada no Centro de Información á Muller de Carballo.
Ademais, dende a concellería tamén está previsto levar a cabo novas actividades de formación para contribuír a mellorar tanto a capacitación profesional como a empregabilidade dun colectivo en situación de especial vulnerabilidade.
Fonte
- Íntegro.