Malpica renova a iluminación do campo de Pedra Queimada
10:43 05/06/20
A campaña que vén o campo de Pedra Queimada contará con nova iluminación. Así o veñen de aprobar a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica, que investirán 109.309,72 euros nas obras de instalación dun novo sistema de alumeado.
As obras, en fase de licitación ata o 16 de xuño, serán financiadas con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e suporán a instalación de catro torres de alumeado de 16 metros de altura sobre zapatas de formigón armado.
O alumeado será de tecnoloxía LED, con 60 proxectores de 220W (15 proxectores por torre), o que optimiza o consumo enerxético da instalación.