Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica terá a súa noite de Rock

Cartel Festival Malpica Rock
Malpica terá a súa noite de Rock

Seguimos sen novas do Nordestazo, pero polo menos Malpica terá unha noite de rock este 2021. Será o o sábado 4 de decembro, cando unha carpa instalada na Rúa Eduardo Vila Fano acolla o Festival Malpica Rock. Un evento artellado pola Concellería de Turismo e Festexos do Concello de Malpica que contará con diversas actuacións musicais de bandas tanto galegas como internacionais, como é o caso de 58 Shots, unha das bandas máis excitantes que xurdiron na escena musical francesa. O seu estilo de hard rockin ́blues crudo resoará no Concello de Malpica xunta grupos da talle de Ambigüo (Laracha) de Indie Pop Rock ambiguo, El Puto Antón + artistas convidados e Recambios Tucho nado no seo de Heredeiros da Crus no ano 2000.

Comentarios