venres. 02.05.2025
El tiempo

Malpica Vai nun mar de curtas

Malpica Vai nun mar de curtas
FESTIVAL CURTAS de Malpica 2017

Boa aposta da Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Malpica para completar a programación do Malpica Verán. Faino co Festival de Curtametraxes “Vai no Mar”, unha iniciativa que nace de maneira experimental pero coa intención de consolidarse dentro do Malpica Verán. Un xeito ademais de aumentar a idea da Costa da Morte como referente do audiovisual galego, completando as xa asentadas citas dos Premios Fouciño de Baio e do Carballo Interplay.

O certame celebrarase esta fin de semana, de venres a domingo. A primeira sesión será infantil e desenvolverase no parque da rúa Patria Galega. Nas dúas seguintes, que serán no paseo marítimo e destinadas a adultos, ao remate de cada sesión haberá unha votación para elixir a mellor curta da noite.

Pero esta fin de semana non só haberá cine, senón tamén música. O venres 21, a partir das 23 horas, haberá música de baile en directo xunto á Casa do Pescador co Dúo Café. E o sábado, a partir das 20.30 horas, unha exhibición de baile e pasarrúas dos gaiteiros da Asociación Cultural Malante. Esta actividade está organizada polos locais de hostalaría A Taberna de Lesto, Brebaxe, Burato, Cachón, Café do Mar, Casa Antonio, Don Paco, Humboldt, Ibarra, JB, Larada, Pepucho, Pescador, San Francisco, Santiago Apóstol, Submarino e Xemevedes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios