Malpica viaxou aos anos 50 polo Entroido

08:31 28/02/17

Aínda coas tracas fortes esperando para a semana que vén (hoxe hai concurso de doces de entroido, o sábado a Mikaela e o os entroidos do Farruco, do Faustino e o pase dos Madamitos e Ghuadineros), Malpica viviu un concurso de comparsas ben divertido. E doce. Pois o Concello repartiu doces entre todos os nenos participantes e cestas con produtos de Entroido aos gañadores na categoría de adultos.
O momento máis simpático foi o concurso de comparsas. O primeiro premio foi para a numerosa “Malpica nos anos 50”; o segundo, para “O lobo e as ovelliñas”; o terceiro, para “Guardia Civil”, e o cuarto, para “Familia Mickey”.
Ademais, “A Vaca”, gañadora do certame na categoría infantil, levou unha cesta ben completiña.

Máis festa
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).