Malpica, Vimianzo e Camariñas reciben axudas para obras medioambientais da Xunta


Os rexedores dos concellos de Vimianzo, Malpica de Bergantiños e Camariñas (un do BNG, un PP e un do PSOE) asinaron onte sendos docuemntos de conformidade coa delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia, Belén do Campo, para a concesión das subvencións destinadas a proxectos de mellora medioambiental en varios municipios da Costa da Morte.
As actuacións foron financiadas na súa totalidade pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Fondo de Compensación Ambiental.
As subvencións destináronse a dotar de redes de abastecemento de auga potable a varios núcleos de Malpica de Bergantiños, á mellora do colector xeral de saneamento en Vimianzo e a un programa de recollida de residuos e de protección contra os incendios forestais en Camariñas.
Obras en Vimianzo
O proxecto realizado en Vimianzo consistiu na dotación de redes de abastecemento de auga potable aos núcleos da Lagoa, Algadán, Laroxo e Barizo, así como no acondicionamento do espazo coñecido como Fonte de Pontella, da senda que une Asalo e Mens, do paseo de Praia e Escorial e da zona do lavadoiro de Mens. Parte dos 112.983 euros que recibiu o concello tamén se destinaron a diversas actuacións de eficiencia enerxética para a mellora do alumeado en distintos lugares de Malpica e á adquisición dun equipo de comunicación para as brigadas medioambientais e de contedores do lixo.
O Concello de Vimianzo, pola súa parte, obtivo unha axuda de 130.266 euros para mellorar o funcionamento do colector xeral do núcleo de Baíñas, o que permitiu a canalización da todas as augas residuais cara a nova minidepuradora. Ademais, realizáronse varios tramos da rede municipal de saneamento de augas residuais nas zonas de Caxadas e Vilar de Cereixo, cuns 780 metros de lonxitude en cada caso.
Obras en Camariñas
O Fondo de Compensación Ambiental tamén permitiu en Camariñas o desenvolvemento dun programa de recollida de residuos e de prevención de incendios forestais, co obxectivo de protexer o entorno a través da loita contra os lumes, a retirada de aparellos voluminosos e a ampliación e renovación do continxente de contedores de residuos. Así, cos 101.200 euros que obtivo o municipio, adquiriuse unha cisterna para a actuación na extinción de incendios, un camión para o transporte de aparellos desde os fogares ao punto limpo e 46 contedores para a mellora do sistema de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Novas relacionadas
- O BNG comarcal pregunta polo Plan Revive e mira con recelo o 2012 do PP para coa Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- Feismo de vangarda.
- Pecha o Centro Comarcal de Bergantiños de Buño.
- Pechado o mini criadoiro de ameixa de Camariñas.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.