Martes. 23.04.2024
El tiempo

“O mar necesita cotas xustas que permitan que as empresas sexan sostibles”

Os oleiros trasláronlle tamén ao presidente da Deputación a súa preocupación polo peche da empresa que lles suministra o barro
Reunion da Deputacion coa Confraria de Malpica
Reunion do presidente da Deputación cos representantes da Confraría de Malpica
“O mar necesita cotas xustas que permitan que as empresas sexan sostibles”

Como nos trasladaba a semana pasada nos DirectosQPC, o alcalde de Malpica Walter Pardo compartiu a complicada situación que vive o mundo do mar na visita do presidente da Deputación Valentín González Formoso. Foi no marco dunha reunión con Leticia Naya e Alfredo Cañizo, varios membros do sector, que demandaron “cotas xustas que permitan que as empresas sexan sostibles”.

Os armadores dos barcos do cerco e do día, que xestionan empresas familiares e traballan nos seus propios barcos, consideraron que as cuotas actuais “son insuficientes para manter a flota e o emprego que xera” e explicaron que a división de Galicia en dúas zonas de pesca (a VIII ata a Fisterra e a IX de Fisterra cara o sur) crea importantes diferencias cos topes de capturas dentro da comunidade.

“Mentres na nosa zona temos un tope de 35 toneladas de xurelo para todo o ano, na zona novena teñen 280 toneladas, que ás veces non se cubren”, apuntou un armador. “Teño un tope de 30 kilos de pescadilla ao día e 5 homes a bordo. Non se pode manter unha empresa así”, explicou outro representante do sector.

Os armadores e patróns trasladaron tamén a súa petición histórica de que se baixe o IVE ao 4% “a un sector que se demostrou esencial nesta crise, pois a flota apenas parou”.

Aínda que a Deputación non ten competencias en materia de pesca, González Formoso agradeceu as explicacións dos representantes do sector pesqueiro, considerou razoables as súas peticións.

Reunión cos oleiros

Reunion no Forno do Forte ca Deputacion

Tamén houbo reunión cos oleiros no Ecomuseo Forno do Forte, trala visita de Paco Doval. Uns oleiros, que expresaron a súa preocupación polo peche da empresa que ten a licencia de minas para xestionar o barreiro local e que é a que lles suministra a materia prima coa que elaboran os seus produtos artesanais.

González Formoso escoitou aos oleiros e comprometeuse a mediar ante a Xunta para buscar unha solución. “A Deputación vai estar aí, non imos deixar caer isto que tanto esforzo costou levantar ao longo dos anos por un problema así. Se o barro está aí hai que permitir extraelo”, afirmou

Novas relacionadas

Comentarios